Entrelampo é unha asociación sen ánimo de lucro e con iniciativa social que pretende mellorar a calidade de vida das persoas con problemas graves de saúde mental a través da súa inclusión no mercado laboral.

Apostamos firmemente pola creación de emprego a través de iniciativas de Economía Social centradas no sector agroecolóxico, conformando así un proxecto ecosocial.

Avoa Hortensia e Xema e Clara son as nosas dúas primeiras iniciativas

coas que convidamos a toda a sociedade civil a participar do cambio, demostrando que outro modelo de consumo é posíbel.

Quero saber máis sobre Entrelampo

Menos dun 18% das persoas con problemas de saúde mental graves traballan

A problemática

Só dun 5% a un 18% das persoas con problemas de Saúde Mental graves traballan, a peor cifra de todos os grupos de discapacidade.

Os motivos son multifactoriais, abarcan problemas de saúde, barreiras socias, sendo o estigma o principal factor, abarcando a todas as capas sociais: civís, empresariais, políticas e sociosanitarias.

Todo isto asentando nun sistema socioeconómico onde as persoas son un simple medio para lograr o seu principal obxectivo, que non é outro que o lucro polo lucro.

Principios
Consideramos que é necesario asentar a solución ao problema en base aos seguintes principios

1. Emprego

O primeiro paso é a creación de emprego, priorízase por enriba das estratexias máis asistencialistas e/ou sanitarias.

2. Empresa social

O obxectivo principal non é únicamente a empresa “ordinaria”. Un problema de Xustiza Social resólvese poñendo ás persoas en primeiro plano, como un fin, e á Economía como un medio, cremos que isto se pode conseguir de forma máis coherente mediante as Empresas Sociais.

3. Visibilidade

Ademais de emprego, visible: a día de hoxe non é suficiente con crear emprego, a actividade económica ten que ter visibilidade, marca recoñecida e recoñecible.

Esta estratexia potencia substancialmente a capacidade de loita contra o estigma social, aumenta a autoestima dos traballadores, e dota ao traballo dun maior sentido.

CONTRIBÚE A UNHA BOA CAUSA

faite socio

Avoa Hortensia
Cesta de verduras

Saber máis

PRÓXIMAMENTE
Xema & Clara
Ovos campeiros

Saber máis

PRÓXIMAMENTE
Hortensia, Xema & Clara
Verduras + Ovos

Saber máis

  • ©2024 Entrelampo. Todos os dereitos reservados.
  • Desenvolvemento Grupo Promedia