Cesta con verduras eco de temporada de Avoa Hortensia + un surtido de froitas ecolóxicas de tempada.
Ao subscribirte, recibirás cada 15 días unha cesta con verduras eco de tempada, colleitadas no mesmo día do reparto a maioría delas, e un surtido de froitas ecolóxicas de tempada procedentes dos provedores da nosa tenda ecolóxica A Casa da Quenlla, na praza de abastos de Santiago de Compostela.
Produtos ecolóxicos
Durante o ano teremos chícharos, leitugas, escarola, cabaciñas, tirabeque, cogombro, brócoli, tomates variados, pementos, xudía, bimi, kale, acelga, verza, remolacha, lombarda, pataca, cenoria, cebola, porro, espinaca, mostaza, rúcula, nabiza, grelo, repolo, cabaza, coliflor e pataca doce. En canto a froitas variarán igualmente durante a tempada, contando con laranxa, mandarina, mazá, pera, amorodo, cereixa, pexego, nectarina, ameixa, sandía, melón, uva, kiwi, figo, granada, caqui, albaricoque e arando…
Todos os nosos produtos son ecolóxicos, con certificación do CRAEGA, e proveñen da nosa horta, a cal se sitúa na parroquia de Marrozos, en Santiago de Compostela. Igualmente a froita que recibes ten toda certificado ecolóxico, tentando que o seu orixe sexa o máis preto posible.
Ter
13 E 14 DE OUTUBRO (Aviso: se a data non coincide co teu próximo día de reparto aconsellamos revisar os produtos da cesta 48h antes)
Cesta da semana
- pataca
- leituga
- kale
- cebola
- berenxena
- pemento verde
- pemento vermello ou amarelo
- tomate ou repolo
- cenoura
- Cabaza potimorron
- Segundo a disponibilidade de produtos podería ir boniato
Vantaxes ao subscribirte
Calidade
Recibe produtos de temporada de proximidade, ecolóxicos, frescos e de calidade
Comodidade
Recibe os nosos produtos directamente na túa casa.
Compromiso social
Somos un centro especial de emprego sen ánimo de lucro.















Como me subscribo?
Antes de comezar
O primeiro paso é comprobar que o teu código postal está dentro da nosa área de reparto. A continuación escolle o plan que mellor se adapte a ti, e subscríbete para comezar a recibir os teus produtos de forma quincenal.
Deter, doar ou regalar o teu envío
Recorda que se por algún motivo non desexas ou non podes recibir algún dos envíos, sempre tes a opción de, en función das condiciones do plan seleccionado, deter a túa subscrición, doar o envío ou regalalo.
Se doas o teu envío, o mesmo cobraráseche, pero nós doarémosllo a familias e persoas en risco de exclusión social na Casa Reitoral de Marrozos.
En caso de regalarllo a un familiar ou amigo, cobraráseche o envío, pero enviaráselle á dirección que nos indiques, , sempre que estea dentro da nosa zona de reparto.
Plans dispoñibles
Básico
- Sen permanencia (só é necesario cumprir as 2 primeiras entregas, e a partir de aí podes deter/cancelar a túa subscrición en calquera momento)
- Sen 5% de desconto en cada envío
- Sen posibilidade de cambiar 3 produtos da cesta en cada envío
Entrelampeira
- Permanencia de 12 meses (Durante ese período non poderás deter/cancelar a túa subscrición)
- 5% de desconto en cada envío + 1 cesta gratis ao ano
- Posibilidade de cambiar 3 produtos da cesta en cada envío
Premiamos a túa lealdade
Realiza 20 envíos/ano, e o seguinte pedido será gratis.
Zonas de reparto
Comproba se estás dentro das zonas de reparto dispoñibles (Santiago e arredores, para A Coruña ou Pontevedra inscríbete na listaxe de agarda escribindo o teu CP!).
Realizamos envíos á túa dirección
O teu código postal está incluído dentro da nosa zona de reparto. Podes subscribirte aos nosos envíos.
SubscribirmeSentímolo…
O teu código postal non está incluído dentro da nosa zona de reparto. Estamos formando grupo de reparto nas cidades de PONTEVEDRA E A CORUÑA, APÚNTATE A TRAVÉS DESTE FORMULARIO..
Podes completar o seguinte formulario para notificarnos o teu interese e ser engadido a unha lista de espera. Se existen varios interesados na zona na que te encontras, valoraremos dar servizo na mesma e avisarémoste para que sexas o primeiro en sabelo.
Moitas grazas polo interese.
Preguntas frecuentes
Descubre máis información sobre o funcionamento, e resolve as dúbidas máis frecuentes na nosa FAQ’s.
