Introdución

Este documento contractual rexerá as Condicións Xerais de contratación (en diante referidas indistintamente como “Condicións Xerais” ou “Condicións”), a compra de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez (en diante, «Condicións») a través do sitio web https://www.entrelampeiras.com/ (en dinte o “Sitio web”), propiedade da asociación Entrelampo, baixo a marca comercial “Avoa Hortensia” e “Xema & Clara”, en diante, PRESTADOR, cuxos datos de contacto figuran tamén no Aviso Legal desta Web.

Estas Condicións permanecerán publicadas no sitio web a disposición do USUARIO para reproducilas e gardalas como confirmación do contrato, podendo ser modificadas en calquera momento polo PRESTADOR. É responsabilidade do USUARIO lelas periodicamente, xa que resultarán aplicables aquelas que se encontren vixentes no momento de realización de pedidos. En calquera caso, as citadas modificacións non terán efectos retroactivos sobre os produtos e servizos previamente contratados.

Os contratos no estarán suxeitos a formalidade algunha con excepción dos supostos expresamente sinalados nos Códigos Civil e de Comercio e nesta ou e noutras leis especiais.

A aceptación deste documento implica que o USUARIO:

Leu, entende e comprende o aquí exposto.

É unha persoa con capacidade suficiente para contratar.

Asume todas as obrigacións aquí dispostas.

Estas condicións terán un período de validez indefinido e serán aplicables a todas as contratacións realizadas a través do sitio web do PRESTADOR.

O PRESTADOR informa de que o comercio é responsable e coñece la lexislación vixente dos países aos que envía os produtos, e resérvase o dereito de modificar unilateralmente as condicións, sen que isto poida afectar aos bens ou promocións que foron adquiridos previamente á modificación.

Identidade das partes contratantes

Por un lado, o PRESTADOR dos alimentos contratados polo USUARIO ENTRELAMPO con domicilio social en R/ Pintor Lino Villafinez 11, 3º esq. 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), CIF G70479571 e con teléfono de atención ao cliente/USUARIO 624 442 663. Calquera comunicación se poderá dirixir ao domicilio social indicado, ao teléfono indicado ou á dirección de correo electrónico entrelampo@entrelampo.com.

O Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (RGSEAA) é unha base de datos de carácter informativo, xestionada pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), cuxa finalidade é a protección da saúde pública e dos intereses dos consumidores.

E doutro, o USUARIO, rexistrado no sitio web mediante un nome de usuario e contrasinal, sobre os que teñen responsabilidade plena de uso e custodia, e é responsable da veracidade dos datos persoais facilitados ao PRESTADOR.

Obxecto do contrato

O presente contrato ten por obxecto regular a relación contractual de compravenda nacida entre o PRESTADOR e o USUARIO no momento en que este acepta durante o proceso de contratación.

A relación contractual dun servizo de subscrición quincenal de entrega de produtos de alimentación, a cambio dun prezo determinado e publicamente exposto a través do sitio web.

Procedemento de contratación

O USUARIO, para poder acceder ao servizo de subscrición que ofrece o PRESTADOR, deberá ser maior de idade e darse de alta a través do sitio web mediante a creación dunha conta de usuario. Por iso, o USUARIO deberá proporcionar de maneira libre e voluntaria os datos persoais que se lle requirirán, os cales se tratarán de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016 (GDPR), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), relativa á protección de datos de carácter persoal e detallada no Aviso legal e na Política de privacidade deste sitio web.

O USUARIO seleccionará un nome de usuario e un contrasinal, comprometéndose a facer un uso dilixente dos mesmos e a non poñelos a disposición de terceiros, así como a comunicar ao PRESTADOR a perda ou roubo dos mesmos ou o posible acceso por un terceiro non autorizado, de maneira que este proceda ao bloqueo inmediato.

Unha vez se creou a conta de usuario, infórmase de que conforme ao que esixe o artigo 27 da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), o procedemento de contratación seguirá os seguintes pasos:

1. Cláusulas xerais de contratación.

2. Produto, envío e entrega de pedidos.

3. Dereito de desistir.

4. Reclamacións e resolución de litixios en liña.

5. Forza maior.

6. Competencia.

7. Xeneralidades da oferta.

8. Prezo e prazo de validez da oferta.

9. Gastos de transporte.

10. Forma de pago, gastos e descontos.

11. Proceso de compra.

12. Disociación e suspensión ou rescisión do contrato.

13. Lei aplicable e xurisdición.

1. CLÁUSULAS XERAIS DE CONTRATACIÓN

Agás estipulación particular por escrito, a realización dun pedido ao PRESTADOR suporá a aceptación por parte do USUARIO destas condicións legais. Ningunha estipulación feita polo USUARIO poderá diferir das do PRESTADOR se non foi expresamente aceptada por adiantado e por escrito polo PRESTADOR.

2. PRODUTO, ENVÍO E ENTREGA DE PEDIDOS

O USUARIO, unha vez se dea de alta no rexistro de usuario, chegaralle un correo asignando o día fixo (de luns a venres, agás festivos) no que se lle fará entrega do produto dependendo da subscrición seleccionada e da súa zona de reparto. A asignación do grupo de reparto implica que o primeiro día de entrega dende a subscrición oscile entre 1 día a 15 días. Enténdese este termo sempre que se confirmara a dispoñibilidade da mercancía e se comprobara o pago completo do pedido.

Entrelampo realiza a actividade online a través do Sitio web, ofrecendo produtos frescos de calidade de orixe agrícola e pecuario, enfocada maiormente ao sector hortícola e avícola, caracterizados por ser de agricultura ecolóxica (CRAEGA NUM ES-ECO-022-GA).

As cestas están formadas por produtos de agricultura ecolóxica. As cestas de verduras recentemente recollidas prepáranse a diario na nosa horta de Marrozos (Santiago de Compostela) e dende alí envíanse directamente á dirección de entrega a través dun repartidor propio. En ocasións puntuais, por falta de dispoñibilidade propia, os produtos poden ser de agricultura tradicional ou ecolóxica de produtores locais. Nestes casos, sempre se advirte de forma clara e suficiente ao Cliente mediante a información de ficha de cada produto, antes da contratación, cales son produtos que proveñen de produtores locais, e cales de agricultura ecolóxica e de agricultura tradicional. En calquera caso verifícase que aqueles compren os estándares de calidade e que están certificados ante a autoridade autonómica de control respectiva.

As modalidades de subscrición son dúas, tanto para Avoa Hortensia, Xema & Clara, ou produtos combinados:

Básico:

Sen permanencia, só é necesario cumprir as 2 primeiras entregas, e a partir de aí podes deter/cancelar a túa subscrición en calquera momento.

Entrelampeira:

Permanencia de 12 meses (Durante ese período non poderás deter/cancelar a túa subscrición), en caso de non poder recibir a túa cesta poderás doar, regalar a amigos/as e familiares, ou axustaranse as cestas posteriores con máis produto, sempre dentro do ano de subscrición e sempre segundo existencias.

5% de desconto en cada envío

Posibilidade de trocar 3 produtos da cesta en cada envío.

En caso de que o PRESTADOR non realizase a entrega da mercancía, transcorridos 30 días naturais dende a data de entrega pactada, por falta de dispoñibilidade do produto ou servizo, o USUARIO será informado disto e as alternativas dispoñibles. Igualmente, o USUARIO pode dar de baixa o servizo de subscrición quincenal en calquera momento sen necesidade de xustificación.

O PRESTADOR non asumirá ningunha responsabilidade cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse, por ser os datos facilitados polo USUARIO, falsos, inexactos ou incompletos.

A entrega considerarase realizada no momento no que o transportista de Entrelampo puxera os produtos a disposición do USUARIO e este, ou o delegado deste, firmara o documento de recepción da entrega.

Corresponde ao USUARIO verificar os produtos á súa recepción e expoñer todas as excepcións e reclamacións que poidan estar xustificadas no documento de recepción da entrega.

3. DEREITO DE DESISTENCIA

Os alimentos que se ofertan son perecedoiros, é dicir, que poden caducar ou deteriorarse nun corto período de tempo. Este tipo de subministro de bens queda exento de devolución, segundo o inciso d) do artigo 103 da Lei 3/2014, de 27 de marzo.

De todos modos, ofrécese ao USUARIO a posibilidade de reclamar os posibles vicios ou defectos que presente o pedido nun prazo de 24 horas dende a entrega, tanto en modo en liña como fóra de liña, e, se se considera, realizar a devolución.

Toda devolución deberá comunicarse ao PRESTADOR, por correo electrónico a entrelampo@entrelampo.com indicando o número de factura ou pedido correspondente. Unha vez o USUARIO recibira o número de devolución, faralle chegar o produto ao PRESTADOR se fose necesario, indicando este número na carta de envío, os gastos de transporte e/ou xestión da devolución correrán a cargo do PRESTADOR, no domicilio Casa reitoral de Marrozos n12, Lg de Ardagán, Sta. María de Marrozos, Santiago de Compostela.

Analizado o caso, se o PRESTADOR considera que o produto non cumpría as condicións de venta, nun prazo de 48 horas informará ao USUARIO do importe e condicións do seu reembolso.

4. RECLAMACIÓNS E RESOLUCIÓN DE LITIXIOS EN LIÑA

Calquera reclamación que o USUARIO considere oportuna será atendida á maior brevidade posible, podéndose realizar nas liñas de contacto xa indicadas no apartado de “Identidade”.

Tamén a través da resolución de litixios en liña (Online Dispute Resolution).

Conforme ao Art. 14.1 del Regulamento (UE) 524/2013, a Comisión Europea facilita unha plataforma de acceso gratuíto para a resolución de conflitos online entre o USUARIO e o PRESTADOR, sen necesidade de recorrer aos tribunais de xustiza, mediante a intervención dun terceiro, chamado Organismo de resolución de litixios, que actúa de intermediario entre ambos. Este organismo é neutral e dialogará con ambas partes para lograr un acordo, podendo finalmente suxerir e/ou impoñer unha solución ao conflito.

Enlace á plataforma ODR: http://ec.europa.eu/consumers/odr/

5. FORZA MAIOR

As partes non incorrerán en responsabilidade ante calquera falta debida a causa maior. O cumprimento da obrigación demorarase ata o cese do caso de forza maior.

6. COMPETENCIA

O USUARIO non poderá ceder, transferir ou transmitir os dereitos, responsabilidades e obrigas contratados na venta.

Se algunha estipulación destas condicións fora considerada nula ou de imposible cumprimento, a validez, legalidade e cumprimento do resto non se verán afectados de ningunha maneira, nin sufrirán modificación de ningún modo.

O USUARIO declara ter lido, coñecer e aceptar as presentes Condicións en toda a súa extensión.

7. XERALIDADES DA OFERTA

Todas as ventas e entregas efectuadas polo PRESTADOR entenderanse sometidas ás presentes Condicións.

Ningunha modificación, alteración ou pacto contrario á Proposta Comercial de Entrelampo ou ao aquí estipulado, terá efecto, agás pacto expreso por escrito firmado polo PRESTADOR, neste caso, estes pactos particulares prevalecerán.

O PRESTADOR resérvase a facultade de modificar as súas especificacións respecto da información facilitada na súa publicidade, ata que non afecte o valor dos produtos ofrecidos. Estas modificacións terán así mesmo validez no caso de que, por calquera causa, verase afectada a posibilidade de subministración dos produtos ofrecidos.

8. PREZO E PRAZO DE VALIDEZ DA OFERTA

Os prezos que se indican respecto aos diversos servizos de subscrición, incluíndo o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou outros impostos que puideran ser aplicables. Estes prezos inclúen os gastos de envío, manipulación, envoltorio, seguro de envíos ou calquera outros servizos adicionais e anexos ao produto adquirido.

Os prezos aplicables a cada servizo de subscrición son os publicados no sitio web e expresaranse na moeda EURO. O USUARIO asume que a valoración económica dalgúns dos produtos poderá variar semana a semana ou incluso o mesmo día da entrega, e neste segundo caso informarase mediante correo electrónico ou vía de mensaxaría rápida ao USUARIO. En todos os casos o usuario recibirá tres días antes de cada entrega un correo electrónico con toda a información sobre o seu próximo pedido, podendo acceder á súa conta para realizar as modificacións e/ou observacións que crea conveniente. Non se aceptarán cancelacións, modificacións, ou observacións despois das 12 am do día anterior ao da entrega.

Antes de realizar a compra, o USUARIO poderá comprobar en liña todos os detalles do presuposto: artigos, cantidades, prezo, dispoñibilidade, gastos de transporte, cargos, descontos, impostos e o total da compra. Como xa se comentou, os prezos poden cambiar diariamente mentres non se realice o pedido.

Enviarase ao correo do USUARIO un enlace onde poida acceder de forma permanente a todos os recibos e facturas pagadas mensualmente ao PRESTADOR.

Para calquera información sobre o pedido, o USUARIO poderá contactar a través do teléfono de atención ao cliente do PRESTADOR 624 442 663 ou vía correo electrónico á dirección entrelampo@entrelampo.com

9. GASTOS DE TRANSPORTE

Os prezos inclúen gastos de envío ou prestacións complementarias, os portes para todos los produtos son de 1€.

10. FORMAS DE PAGO, CARGOS E DESCONTOS

O PRESTADOR é o responsable das transaccións económicas e posibilita as seguintes formas para efectuar o pago dun pedido:

Tarxeta de crédito.

O sitio web utiliza técnicas de seguridade da información xeralmente aceptadas na industria, tales como SSL, datos introducidos na páxina segura, firewalls, procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo isto co obxecto de evitar o acceso non autorizado aos datos. Para lograr estes fins, o usuario/cliente acepta que o prestador obteña datos para efecto da correspondente autenticación dos controis de acceso.

O PRESTADOR comprométese a non permitir ningunha transacción que sexa ou sexa considerada ilegal polas marcas de tarxetas de crédito ou o banco adquirinte, que poida ou teña o potencial de danar a boa vontade dos mesmos ou influír de maneira negativa neles.

As seguintes actividades están prohibidas en virtude dos programas das marcas de tarxetas: a venta ou oferta dun produto ou servizo que non cumpra con todas as leis aplicables ao Comprador, Banco Emisor, Comerciante ou Titular da tarxeta o tarxetas.

11. PROCESO DE COMPRA

Na web https://www.entrelampeiras.com/ especifícanse os tipos de servizos de subscrición que realiza o PRESTADOR. Nesta, só se observarán os artigos, a cantidade, o prezo e o importe total. Unha vez gardada a cesta procederase a calcular os impostos, cargos e descontos segundo os datos de pago e de envío introducidos.

As cestas non teñen ningunha vinculación administrativa, só é un apartado onde se pode simular un presuposto sen ningún compromiso por ambas partes.

Dende a cesta pódese facer un pedido seguindo os pasos seguintes para a súa correcta formalización:

Seleccionar o servizo de subscrición ao que se quere inscribir o USUARIO.

Comprobación dos datos de facturación.

Comprobación da dirección de envío.

Elección da forma de pago.

Realizar o pedido (comprar).

Unha vez procesado o pedido, o sistema envía instantaneamente un correo electrónico ao departamento de xestión do PRESTADOR e outro ao correo do USUARIO confirmando a realización do pedido, o seu estado e a data de envío e/ou entrega aproximada.

12. DISOCIACIÓN E SUSPENSIÓN OU RESCISIÓN DO CONTRATO

Se calquera destes termos e condicións se considerara ilegal, nula o por calquera razón inaplicable, esta condición considerarase separable e non afectará a validez e aplicabilidade de ningunha das condicións restantes.

Poderá, sen previo aviso, suspender ou acabar o acceso do USUARIO aos seus servizos de e-commerce, na súa totalidade ou en parte, por calquera razón válida, incluíndo, sen limitacións, cando o USUARIO non cumpra ou siga calquera das obrigacións establecidas neste documento ou calquera disposición legal, licencia, regulamento, directiva, código de prácticas ou políticas de uso aplicables.

Cando exerza calquera dos seus dereitos ou facultades baixo esta Cláusula, tal exercicio non prexudicará nin afectará o exercicio de calquera outro dereito, facultade ou recurso que poida estar a disposición de .

13. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

Estas condicións rexeranse ou interpretarán conforme á lexislación española naquilo que non estea expresamente establecido. O PRESTADOR e o USUARIO acordan someter aos xulgados e tribunais do domicilio do USUARIO calquera controversia que puidera suscitarse da prestación dos produtos ou servizos obxecto destas Condicións. A resolución dos conflitos xudiciais someterase á competencia dos Xulgados e Tribunais do domicilio do PRESTADOR.

Condicións actualizadas a 01 de Setembro de 2023

  • ©2024 Entrelampo. Todos os dereitos reservados.
  • Desenvolvemento Grupo Promedia