Datos identificables:

No cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio electrónico, a continuación reflíctense os seguintes datos: a persoa titular de www.entrelampeiras.com é ENTRELAMPO (“O TITULAR” a partir de agora, con NIF G-70.479.571 e domicilio a estes efectos en Casa Reitoral de Marrozos, 12 Santiago de Compostela (A Coruña), con correo electrónico de contacto: entrelampo@entrelampo.com

Usuarios

O acceso e/ou uso de este portal de O TITULAR atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de uso aquí reflectidas. As citadas condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

Protección de datos de carácter persoal

Responsable: ENTRELAMPO
Finalidade: Xestión da solicitude
Lexitimación: Execución dun contrato / prestación de servizos
Destinatarios: Outras empresas ou filiais do grupo
Dereitos: Pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos aportados, como se indica na información adicional
Información adicional: ver a continuación

Política de privacidade II (Información adicional)

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: ENTRELAMPO
Domicilio Social: Casa Reitoral de Marrozos, 12 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 624 442 663
Email: entrelampo@entrelampo.com

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

En O TITULAR tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas co fin de xestionar o envío da información ou dos produtos solicitados.

Realizaranse tratamentos de datos automatizados co fin de elaborar perfís cos servizos solicitados ou compras realizadas, para poder ofrecerlle promocións, ofertas ou servizos polos que mostrou interese.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais facilitados polo usuario conservaranse mentres non se solicite a supresión dos mesmos por parte do interesado.

Lexitimación

A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución da súa solicitude

A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

O TITULAR poderá ceder os seus datos a outras empresas ou filiais do grupo para fins administrativos e de xestión interna.

Dereitos

O usuario poderá exercer en todo momento os dereitos de Acceso, Rectificación, Supresión, Limitación, Oposición e Portabilidade dos datos aportados, segundo o disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos, dirixindo un escrito no que especifique que dereito desexa exercer ao domicilio social arriba indicado, anexando copia do documento que o identifique, á dirección de correo electrónico entrelampo@entrelampo.com

Así mesmo, o interesado pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control.

Máis información

O TITULAR adoptou as medidas técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido, segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias de tratamento, co obxecto de evitar, na medida do posible e sempre segundo o estado da técnica, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Para a realización da xestión antes mencionada pode ser necesario que se cedan os datos a encargados do tratamento, empresas colaboradoras e administracións públicas (as cales poden verificar a veracidade dos datos).

O TITULAR cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e cos compromisos de confidencialidade propios da súa actividade. En cumprimento do establecido no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos, comunicámoslle ao usuario que os datos persoais que nos facilite de forma voluntaria , por calquera dos nosos medios de recollida de información, van ser incorporados ás Actividades de Tratamento automatizados de datos de carácter persoal titularidade de O TITULAR, co fin de poderlle prestar os nosos servizos, así como para mantelo informado sobre cuestións relativas á actividade da empresa e os seus servizos. Os campos marcados con “*” son de carácter obrigatorio, polo que a no cumprimentación de ditos campos impedirá ao USUARIO desfrutar dalgúns dos Servizos e informacións ofrecidas na Web. Os datos contidos neles serán tratados de forma confidencial.

En caso de que o USUARIO facilite datos de carácter persoal, referentes a persoas físicas distintas a si mesmo, o USUARIO deberá, con carácter previo á inclusión, informarlles do contido da presente cláusula, de acordo co establecido no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos.

O TITULAR como responsábel da Actividade de Tratamento, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos aportados, segundo o disposto no Regulamento Xeral (UE) 2016/679 de Protección de Datos, o USUARIO poderá exercer en todo momento os dereitos, dirixindo un escrito ao domicilio social, anexando copia do DNI ou Pasaporte.

O TITULAR garante que todas as comunicacións comerciais que dirixe aos seus clientes compren a normativa vixente.

Por isto, en cumprimento da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico e a Lei 9/2014 Xeral de Telecomunicacións, infórmase ao USUARIO que O TITULAR poderá enviarlle por medios electrónicos información sobre produtos e servizos de interese ao que Vde. presta o seu consentimento

En calquera momento poderá revocar esta autorización na dirección entrelampo@entrelampo.com

  • ©2024 Entrelampo. Todos os dereitos reservados.
  • Desenvolvemento Grupo Promedia