{"id":1110,"date":"2023-05-05T09:09:31","date_gmt":"2023-05-05T07:09:31","guid":{"rendered":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condiciones-de-compra\/"},"modified":"2023-11-16T12:57:11","modified_gmt":"2023-11-16T11:57:11","slug":"condicions-de-compra","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/","title":{"rendered":"Condici\u00f3ns de compra"},"content":{"rendered":"<section class=\"wpb-content-wrapper\"><p>[vc_row][vc_column el_class=&#8221;container&#8221;][vc_column_text]<strong>Introduci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Este documento contractual rexer\u00e1 as Condici\u00f3ns Xerais de contrataci\u00f3n (en diante referidas indistintamente como \u201cCondici\u00f3ns Xerais\u201d ou \u201cCondici\u00f3ns\u201d), a compra de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez (en diante, \u00abCondici\u00f3ns\u00bb) a trav\u00e9s do sitio web https:\/\/www.entrelampeiras.com\/ (en dinte o \u201cSitio web\u201d), propiedade da asociaci\u00f3n Entrelampo, baixo a marca comercial \u201cAvoa Hortensia\u201d e \u201cXema &amp; Clara\u201d, en diante, PRESTADOR, cuxos datos de contacto figuran tam\u00e9n no Aviso Legal desta Web.<\/p>\n<p>Estas Condici\u00f3ns permanecer\u00e1n publicadas no sitio web a disposici\u00f3n do USUARIO para reproducilas e gardalas como confirmaci\u00f3n do contrato, podendo ser modificadas en calquera momento polo PRESTADOR. \u00c9 responsabilidade do USUARIO lelas periodicamente, xa que resultar\u00e1n aplicables aquelas que se encontren vixentes no momento de realizaci\u00f3n de pedidos. En calquera caso, as citadas modificaci\u00f3ns non ter\u00e1n efectos retroactivos sobre os produtos e servizos previamente contratados.<\/p>\n<p>Os contratos no estar\u00e1n suxeitos a formalidade algunha con excepci\u00f3n dos supostos expresamente sinalados nos C\u00f3digos Civil e de Comercio e nesta ou e noutras leis especiais.<\/p>\n<p><strong>A aceptaci\u00f3n deste documento implica que o USUARIO:<\/strong><\/p>\n<p>Leu, entende e comprende o aqu\u00ed exposto.<\/p>\n<p>\u00c9 unha persoa con capacidade suficiente para contratar.<\/p>\n<p>Asume todas as obrigaci\u00f3ns aqu\u00ed dispostas.<\/p>\n<p>Estas condici\u00f3ns ter\u00e1n un per\u00edodo de validez indefinido e ser\u00e1n aplicables a todas as contrataci\u00f3ns realizadas a trav\u00e9s do sitio web do PRESTADOR.<\/p>\n<p>O PRESTADOR informa de que o comercio \u00e9 responsable e co\u00f1ece la lexislaci\u00f3n vixente dos pa\u00edses aos que env\u00eda os produtos, e res\u00e9rvase o dereito de modificar unilateralmente as condici\u00f3ns, sen que isto poida afectar aos bens ou promoci\u00f3ns que foron adquiridos previamente \u00e1 modificaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Identidade das partes contratantes<\/strong><\/p>\n<p>Por un lado, o PRESTADOR dos alimentos contratados polo USUARIO ENTRELAMPO con domicilio social en R\/ Pintor Lino Villafinez 11, 3\u00ba esq. 15704, Santiago de Compostela (A Coru\u00f1a), CIF G70479571 e con tel\u00e9fono de atenci\u00f3n ao cliente\/USUARIO 624 442 663. Calquera comunicaci\u00f3n se poder\u00e1 dirixir ao domicilio social indicado, ao tel\u00e9fono indicado ou \u00e1 direcci\u00f3n de correo electr\u00f3nico entrelampo@entrelampo.com.<\/p>\n<p>O Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (RGSEAA) \u00e9 unha base de datos de car\u00e1cter informativo, xestionada pola Axencia Espa\u00f1ola de Seguridade Alimentaria e Nutrici\u00f3n (AESAN), cuxa finalidade \u00e9 a protecci\u00f3n da sa\u00fade p\u00fablica e dos intereses dos consumidores.<\/p>\n<p>E doutro, o USUARIO, rexistrado no sitio web mediante un nome de usuario e contrasinal, sobre os que te\u00f1en responsabilidade plena de uso e custodia, e \u00e9 responsable da veracidade dos datos persoais facilitados ao PRESTADOR.<\/p>\n<p><strong>Obxecto do contrato<\/strong><\/p>\n<p>O presente contrato ten por obxecto regular a relaci\u00f3n contractual de compravenda nacida entre o PRESTADOR e o USUARIO no momento en que este acepta durante o proceso de contrataci\u00f3n.<\/p>\n<p>A relaci\u00f3n contractual dun servizo de subscrici\u00f3n quincenal de entrega de produtos de alimentaci\u00f3n, a cambio dun prezo determinado e publicamente exposto a trav\u00e9s do sitio web.<\/p>\n<p><strong>Procedemento de contrataci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O USUARIO, para poder acceder ao servizo de subscrici\u00f3n que ofrece o PRESTADOR, deber\u00e1 ser maior de idade e darse de alta a trav\u00e9s do sitio web mediante a creaci\u00f3n dunha conta de usuario. Por iso, o USUARIO deber\u00e1 proporcionar de maneira libre e voluntaria os datos persoais que se lle requirir\u00e1n, os cales se tratar\u00e1n de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016\/679, do 27 de abril de 2016 (GDPR), relativo \u00e1 protecci\u00f3n das persoas f\u00edsicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e \u00e1 libre circulaci\u00f3n destes datos e a Lei Org\u00e1nica 3\/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), relativa \u00e1 protecci\u00f3n de datos de car\u00e1cter persoal e detallada no Aviso legal e na Pol\u00edtica de privacidade deste sitio web.<\/p>\n<p>O USUARIO seleccionar\u00e1 un nome de usuario e un contrasinal, compromet\u00e9ndose a facer un uso dilixente dos mesmos e a non po\u00f1elos a disposici\u00f3n de terceiros, as\u00ed como a comunicar ao PRESTADOR a perda ou roubo dos mesmos ou o posible acceso por un terceiro non autorizado, de maneira que este proceda ao bloqueo inmediato.<\/p>\n<p>Unha vez se creou a conta de usuario, inf\u00f3rmase de que conforme ao que esixe o artigo 27 da Lei 34\/2002, de Servizos da Sociedade da Informaci\u00f3n e do Comercio Electr\u00f3nico (LSSICE), o procedemento de contrataci\u00f3n seguir\u00e1 os seguintes pasos:<\/p>\n<p>1. Cl\u00e1usulas xerais de contrataci\u00f3n.<\/p>\n<p>2. Produto, env\u00edo e entrega de pedidos.<\/p>\n<p>3. Dereito de desistir.<\/p>\n<p>4. Reclamaci\u00f3ns e resoluci\u00f3n de litixios en li\u00f1a.<\/p>\n<p>5. Forza maior.<\/p>\n<p>6. Competencia.<\/p>\n<p>7. Xeneralidades da oferta.<\/p>\n<p>8. Prezo e prazo de validez da oferta.<\/p>\n<p>9. Gastos de transporte.<\/p>\n<p>10. Forma de pago, gastos e descontos.<\/p>\n<p>11. Proceso de compra.<\/p>\n<p>12. Disociaci\u00f3n e suspensi\u00f3n ou rescisi\u00f3n do contrato.<\/p>\n<p>13. Lei aplicable e xurisdici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>1. CL\u00c1USULAS XERAIS DE CONTRATACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p>Ag\u00e1s estipulaci\u00f3n particular por escrito, a realizaci\u00f3n dun pedido ao PRESTADOR supor\u00e1 a aceptaci\u00f3n por parte do USUARIO destas condici\u00f3ns legais. Ningunha estipulaci\u00f3n feita polo USUARIO poder\u00e1 diferir das do PRESTADOR se non foi expresamente aceptada por adiantado e por escrito polo PRESTADOR.<\/p>\n<p><strong>2. PRODUTO, ENV\u00cdO E ENTREGA DE PEDIDOS<\/strong><\/p>\n<p>O USUARIO, unha vez se dea de alta no rexistro de usuario, chegaralle un correo asignando o d\u00eda fixo (de luns a venres, ag\u00e1s festivos) no que se lle far\u00e1 entrega do produto dependendo da subscrici\u00f3n seleccionada e da s\u00faa zona de reparto. A asignaci\u00f3n do grupo de reparto implica que o primeiro d\u00eda de entrega dende a subscrici\u00f3n oscile entre 1 d\u00eda a 15 d\u00edas. Ent\u00e9ndese este termo sempre que se confirmara a dispo\u00f1ibilidade da mercanc\u00eda e se comprobara o pago completo do pedido.<\/p>\n<p>Entrelampo realiza a actividade online a trav\u00e9s do Sitio web, ofrecendo produtos frescos de calidade de orixe agr\u00edcola e pecuario, enfocada maiormente ao sector hort\u00edcola e av\u00edcola, caracterizados por ser de agricultura ecol\u00f3xica (CRAEGA NUM ES-ECO-022-GA).<\/p>\n<p>As cestas est\u00e1n formadas por produtos de agricultura ecol\u00f3xica. As cestas de verduras recentemente recollidas prep\u00e1ranse a diario na nosa horta de Marrozos (Santiago de Compostela) e dende al\u00ed env\u00edanse directamente \u00e1 direcci\u00f3n de entrega a trav\u00e9s dun repartidor propio. En ocasi\u00f3ns puntuais, por falta de dispo\u00f1ibilidade propia, os produtos poden ser de agricultura tradicional ou ecol\u00f3xica de produtores locais. Nestes casos, sempre se advirte de forma clara e suficiente ao Cliente mediante a informaci\u00f3n de ficha de cada produto, antes da contrataci\u00f3n, cales son produtos que prove\u00f1en de produtores locais, e cales de agricultura ecol\u00f3xica e de agricultura tradicional. En calquera caso verif\u00edcase que aqueles compren os est\u00e1ndares de calidade e que est\u00e1n certificados ante a autoridade auton\u00f3mica de control respectiva.<\/p>\n<p>As modalidades de subscrici\u00f3n son d\u00faas, tanto para Avoa Hortensia, Xema &amp; Clara, ou produtos combinados:<\/p>\n<p><em>B\u00e1sico:<\/em><\/p>\n<p>Sen permanencia, s\u00f3 \u00e9 necesario cumprir as 2 primeiras entregas, e a partir de a\u00ed podes deter\/cancelar a t\u00faa subscrici\u00f3n en calquera momento.<\/p>\n<p><em>Entrelampeira:<\/em><\/p>\n<p>Permanencia de 12 meses (Durante ese per\u00edodo non poder\u00e1s deter\/cancelar a t\u00faa subscrici\u00f3n), en caso de non poder recibir a t\u00faa cesta poder\u00e1s doar, regalar a amigos\/as e familiares, ou axustaranse as cestas posteriores con m\u00e1is produto, sempre dentro do ano de subscrici\u00f3n e sempre segundo existencias.<\/p>\n<p>5% de desconto en cada env\u00edo<\/p>\n<p>Posibilidade de trocar 3 produtos da cesta en cada env\u00edo.<\/p>\n<p>En caso de que o PRESTADOR non realizase a entrega da mercanc\u00eda, transcorridos 30 d\u00edas naturais dende a data de entrega pactada, por falta de dispo\u00f1ibilidade do produto ou servizo, o USUARIO ser\u00e1 informado disto e as alternativas dispo\u00f1ibles. Igualmente, o USUARIO pode dar de baixa o servizo de subscrici\u00f3n quincenal en calquera momento sen necesidade de xustificaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O PRESTADOR non asumir\u00e1 ningunha responsabilidade cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse, por ser os datos facilitados polo USUARIO, falsos, inexactos ou incompletos.<\/p>\n<p>A entrega considerarase realizada no momento no que o transportista de Entrelampo puxera os produtos a disposici\u00f3n do USUARIO e este, ou o delegado deste, firmara o documento de recepci\u00f3n da entrega.<\/p>\n<p>Corresponde ao USUARIO verificar os produtos \u00e1 s\u00faa recepci\u00f3n e expo\u00f1er todas as excepci\u00f3ns e reclamaci\u00f3ns que poidan estar xustificadas no documento de recepci\u00f3n da entrega.<\/p>\n<p><strong>3. DEREITO DE DESISTENCIA<\/strong><\/p>\n<p>Os alimentos que se ofertan son perecedoiros, \u00e9 dicir, que poden caducar ou deteriorarse nun corto per\u00edodo de tempo. Este tipo de subministro de bens queda exento de devoluci\u00f3n, segundo o inciso d) do artigo 103 da Lei 3\/2014, de 27 de marzo.<\/p>\n<p>De todos modos, ofr\u00e9cese ao USUARIO a posibilidade de reclamar os posibles vicios ou defectos que presente o pedido nun prazo de 24 horas dende a entrega, tanto en modo en li\u00f1a como f\u00f3ra de li\u00f1a, e, se se considera, realizar a devoluci\u00f3n.<\/p>\n<p>Toda devoluci\u00f3n deber\u00e1 comunicarse ao PRESTADOR, por correo electr\u00f3nico a entrelampo@entrelampo.com indicando o n\u00famero de factura ou pedido correspondente. Unha vez o USUARIO recibira o n\u00famero de devoluci\u00f3n, faralle chegar o produto ao PRESTADOR se fose necesario, indicando este n\u00famero na carta de env\u00edo, os gastos de transporte e\/ou xesti\u00f3n da devoluci\u00f3n correr\u00e1n a cargo do PRESTADOR, no domicilio Casa reitoral de Marrozos n12, Lg de Ardag\u00e1n, Sta. Mar\u00eda de Marrozos, Santiago de Compostela.<\/p>\n<p>Analizado o caso, se o PRESTADOR considera que o produto non cumpr\u00eda as condici\u00f3ns de venta, nun prazo de 48 horas informar\u00e1 ao USUARIO do importe e condici\u00f3ns do seu reembolso.<\/p>\n<p><strong>4. RECLAMACI\u00d3NS E RESOLUCI\u00d3N DE LITIXIOS EN LI\u00d1A<\/strong><\/p>\n<p>Calquera reclamaci\u00f3n que o USUARIO considere oportuna ser\u00e1 atendida \u00e1 maior brevidade posible, pod\u00e9ndose realizar nas li\u00f1as de contacto xa indicadas no apartado de \u201cIdentidade\u201d.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n a trav\u00e9s da resoluci\u00f3n de litixios en li\u00f1a (Online Dispute Resolution).<\/p>\n<p>Conforme ao Art. 14.1 del Regulamento (UE) 524\/2013, a Comisi\u00f3n Europea facilita unha plataforma de acceso gratu\u00edto para a resoluci\u00f3n de conflitos online entre o USUARIO e o PRESTADOR, sen necesidade de recorrer aos tribunais de xustiza, mediante a intervenci\u00f3n dun terceiro, chamado Organismo de resoluci\u00f3n de litixios, que act\u00faa de intermediario entre ambos. Este organismo \u00e9 neutral e dialogar\u00e1 con ambas partes para lograr un acordo, podendo finalmente suxerir e\/ou impo\u00f1er unha soluci\u00f3n ao conflito.<\/p>\n<p>Enlace \u00e1 plataforma ODR: http:\/\/ec.europa.eu\/consumers\/odr\/<\/p>\n<p><strong>5. FORZA MAIOR<\/strong><\/p>\n<p>As partes non incorrer\u00e1n en responsabilidade ante calquera falta debida a causa maior. O cumprimento da obrigaci\u00f3n demorarase ata o cese do caso de forza maior.<\/p>\n<p><strong>6. COMPETENCIA<\/strong><\/p>\n<p>O USUARIO non poder\u00e1 ceder, transferir ou transmitir os dereitos, responsabilidades e obrigas contratados na venta.<\/p>\n<p>Se algunha estipulaci\u00f3n destas condici\u00f3ns fora considerada nula ou de imposible cumprimento, a validez, legalidade e cumprimento do resto non se ver\u00e1n afectados de ningunha maneira, nin sufrir\u00e1n modificaci\u00f3n de ning\u00fan modo.<\/p>\n<p>O USUARIO declara ter lido, co\u00f1ecer e aceptar as presentes Condici\u00f3ns en toda a s\u00faa extensi\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>7. XERALIDADES DA OFERTA<\/strong><\/p>\n<p>Todas as ventas e entregas efectuadas polo PRESTADOR entenderanse sometidas \u00e1s presentes Condici\u00f3ns.<\/p>\n<p>Ningunha modificaci\u00f3n, alteraci\u00f3n ou pacto contrario \u00e1 Proposta Comercial de Entrelampo ou ao aqu\u00ed estipulado, ter\u00e1 efecto, ag\u00e1s pacto expreso por escrito firmado polo PRESTADOR, neste caso, estes pactos particulares prevalecer\u00e1n.<\/p>\n<p>O PRESTADOR res\u00e9rvase a facultade de modificar as s\u00faas especificaci\u00f3ns respecto da informaci\u00f3n facilitada na s\u00faa publicidade, ata que non afecte o valor dos produtos ofrecidos. Estas modificaci\u00f3ns ter\u00e1n as\u00ed mesmo validez no caso de que, por calquera causa, verase afectada a posibilidade de subministraci\u00f3n dos produtos ofrecidos.<\/p>\n<p><strong>8. PREZO E PRAZO DE VALIDEZ DA OFERTA<\/strong><\/p>\n<p>Os prezos que se indican respecto aos diversos servizos de subscrici\u00f3n, inclu\u00edndo o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou outros impostos que puideran ser aplicables. Estes prezos incl\u00faen os gastos de env\u00edo, manipulaci\u00f3n, envoltorio, seguro de env\u00edos ou calquera outros servizos adicionais e anexos ao produto adquirido.<\/p>\n<p>Os prezos aplicables a cada servizo de subscrici\u00f3n son os publicados no sitio web e expresaranse na moeda EURO. O USUARIO asume que a valoraci\u00f3n econ\u00f3mica dalg\u00fans dos produtos poder\u00e1 variar semana a semana ou incluso o mesmo d\u00eda da entrega, e neste segundo caso informarase mediante correo electr\u00f3nico ou v\u00eda de mensaxar\u00eda r\u00e1pida ao USUARIO. En todos os casos o usuario recibir\u00e1 tres d\u00edas antes de cada entrega un correo electr\u00f3nico con toda a informaci\u00f3n sobre o seu pr\u00f3ximo pedido, podendo acceder \u00e1 s\u00faa conta para realizar as modificaci\u00f3ns e\/ou observaci\u00f3ns que crea conveniente. Non se aceptar\u00e1n cancelaci\u00f3ns, modificaci\u00f3ns, ou observaci\u00f3ns despois das 12 am do d\u00eda anterior ao da entrega.<\/p>\n<p>Antes de realizar a compra, o USUARIO poder\u00e1 comprobar en li\u00f1a todos os detalles do presuposto: artigos, cantidades, prezo, dispo\u00f1ibilidade, gastos de transporte, cargos, descontos, impostos e o total da compra. Como xa se comentou, os prezos poden cambiar diariamente mentres non se realice o pedido.<\/p>\n<p>Enviarase ao correo do USUARIO un enlace onde poida acceder de forma permanente a todos os recibos e facturas pagadas mensualmente ao PRESTADOR.<\/p>\n<p>Para calquera informaci\u00f3n sobre o pedido, o USUARIO poder\u00e1 contactar a trav\u00e9s do tel\u00e9fono de atenci\u00f3n ao cliente do PRESTADOR 624 442 663 ou v\u00eda correo electr\u00f3nico \u00e1 direcci\u00f3n entrelampo@entrelampo.com<\/p>\n<p><strong>9. GASTOS DE TRANSPORTE<\/strong><\/p>\n<p>Os prezos incl\u00faen gastos de env\u00edo ou prestaci\u00f3ns complementarias, os portes para todos los produtos son de 1\u20ac.<\/p>\n<p><strong>10. FORMAS DE PAGO, CARGOS E DESCONTOS<\/strong><\/p>\n<p>O PRESTADOR \u00e9 o responsable das transacci\u00f3ns econ\u00f3micas e posibilita as seguintes formas para efectuar o pago dun pedido:<\/p>\n<p>Tarxeta de cr\u00e9dito.<\/p>\n<p>O sitio web utiliza t\u00e9cnicas de seguridade da informaci\u00f3n xeralmente aceptadas na industria, tales como SSL, datos introducidos na p\u00e1xina segura, firewalls, procedementos de control de acceso e mecanismos criptogr\u00e1ficos, todo isto co obxecto de evitar o acceso non autorizado aos datos. Para lograr estes fins, o usuario\/cliente acepta que o prestador obte\u00f1a datos para efecto da correspondente autenticaci\u00f3n dos controis de acceso.<\/p>\n<p>O PRESTADOR comprom\u00e9tese a non permitir ningunha transacci\u00f3n que sexa ou sexa considerada ilegal polas marcas de tarxetas de cr\u00e9dito ou o banco adquirinte, que poida ou te\u00f1a o potencial de danar a boa vontade dos mesmos ou influ\u00edr de maneira negativa neles.<\/p>\n<p>As seguintes actividades est\u00e1n prohibidas en virtude dos programas das marcas de tarxetas: a venta ou oferta dun produto ou servizo que non cumpra con todas as leis aplicables ao Comprador, Banco Emisor, Comerciante ou Titular da tarxeta o tarxetas.<\/p>\n<p><strong>11. PROCESO DE COMPRA<\/strong><\/p>\n<p>Na web https:\/\/www.entrelampeiras.com\/ especif\u00edcanse os tipos de servizos de subscrici\u00f3n que realiza o PRESTADOR. Nesta, s\u00f3 se observar\u00e1n os artigos, a cantidade, o prezo e o importe total. Unha vez gardada a cesta procederase a calcular os impostos, cargos e descontos segundo os datos de pago e de env\u00edo introducidos.<\/p>\n<p>As cestas non te\u00f1en ningunha vinculaci\u00f3n administrativa, s\u00f3 \u00e9 un apartado onde se pode simular un presuposto sen ning\u00fan compromiso por ambas partes.<\/p>\n<p>Dende a cesta p\u00f3dese facer un pedido seguindo os pasos seguintes para a s\u00faa correcta formalizaci\u00f3n:<\/p>\n<p>Seleccionar o servizo de subscrici\u00f3n ao que se quere inscribir o USUARIO.<\/p>\n<p>Comprobaci\u00f3n dos datos de facturaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Comprobaci\u00f3n da direcci\u00f3n de env\u00edo.<\/p>\n<p>Elecci\u00f3n da forma de pago.<\/p>\n<p>Realizar o pedido (comprar).<\/p>\n<p>Unha vez procesado o pedido, o sistema env\u00eda instantaneamente un correo electr\u00f3nico ao departamento de xesti\u00f3n do PRESTADOR e outro ao correo do USUARIO confirmando a realizaci\u00f3n do pedido, o seu estado e a data de env\u00edo e\/ou entrega aproximada.<\/p>\n<p><strong>12. DISOCIACI\u00d3N E SUSPENSI\u00d3N OU RESCISI\u00d3N DO CONTRATO<\/strong><\/p>\n<p>Se calquera destes termos e condici\u00f3ns se considerara ilegal, nula o por calquera raz\u00f3n inaplicable, esta condici\u00f3n considerarase separable e non afectar\u00e1 a validez e aplicabilidade de ningunha das condici\u00f3ns restantes.<\/p>\n<p>Poder\u00e1, sen previo aviso, suspender ou acabar o acceso do USUARIO aos seus servizos de e-commerce, na s\u00faa totalidade ou en parte, por calquera raz\u00f3n v\u00e1lida, inclu\u00edndo, sen limitaci\u00f3ns, cando o USUARIO non cumpra ou siga calquera das obrigaci\u00f3ns establecidas neste documento ou calquera disposici\u00f3n legal, licencia, regulamento, directiva, c\u00f3digo de pr\u00e1cticas ou pol\u00edticas de uso aplicables.<\/p>\n<p>Cando exerza calquera dos seus dereitos ou facultades baixo esta Cl\u00e1usula, tal exercicio non prexudicar\u00e1 nin afectar\u00e1 o exercicio de calquera outro dereito, facultade ou recurso que poida estar a disposici\u00f3n de .<\/p>\n<p><strong>13. LEI APLICABLE E XURISDICCI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p>Estas condici\u00f3ns rexeranse ou interpretar\u00e1n conforme \u00e1 lexislaci\u00f3n espa\u00f1ola naquilo que non estea expresamente establecido. O PRESTADOR e o USUARIO acordan someter aos xulgados e tribunais do domicilio do USUARIO calquera controversia que puidera suscitarse da prestaci\u00f3n dos produtos ou servizos obxecto destas Condici\u00f3ns. A resoluci\u00f3n dos conflitos xudiciais someterase \u00e1 competencia dos Xulgados e Tribunais do domicilio do PRESTADOR.<\/p>\n<p>Condici\u00f3ns actualizadas a 01 de Setembro de 2023[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row]<\/p>\n<\/section>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>[vc_row][vc_column el_class=&#8221;container&#8221;][vc_column_text]Introduci\u00f3n Este documento contractual rexer\u00e1 as Condici\u00f3ns Xerais de contrataci\u00f3n (en diante referidas indistintamente como \u201cCondici\u00f3ns Xerais\u201d ou \u201cCondici\u00f3ns\u201d), a compra de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez (en diante, \u00abCondici\u00f3ns\u00bb) a trav\u00e9s do sitio web https:\/\/www.entrelampeiras.com\/ (en dinte o \u201cSitio web\u201d), propiedade da asociaci\u00f3n Entrelampo, baixo a marca comercial \u201cAvoa Hortensia\u201d [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-1110","page","type-page","status-publish","hentry"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v24.6 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Condici\u00f3ns de compra - Entrelampeiras<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"noindex, nofollow\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"15 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/\",\"url\":\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/\",\"name\":\"Condici\u00f3ns de compra - Entrelampeiras\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/#website\"},\"datePublished\":\"2023-05-05T07:09:31+00:00\",\"dateModified\":\"2023-11-16T11:57:11+00:00\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/\"]}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/#website\",\"url\":\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/\",\"name\":\"Entrelampeiras\",\"description\":\"\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Condici\u00f3ns de compra - Entrelampeiras","robots":{"index":"noindex","follow":"nofollow"},"og_locale":"gl_ES","twitter_misc":{"Tempo de lectura":"15 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/","url":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/","name":"Condici\u00f3ns de compra - Entrelampeiras","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/#website"},"datePublished":"2023-05-05T07:09:31+00:00","dateModified":"2023-11-16T11:57:11+00:00","inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.entrelampeiras.com\/condicions-de-compra\/"]}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/#website","url":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/","name":"Entrelampeiras","description":"","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/pages\/1110","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/comments?post=1110"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/pages\/1110\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1237,"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/pages\/1110\/revisions\/1237"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.entrelampeiras.com\/api\/wp\/v2\/media?parent=1110"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}